lunes, 1 de junio de 2009

Análise de Riscos Laborais


O chan: Aparece un cubo con líquido, no que o traballador podería esbarrar, ademáis de cables cos que podería tropezar e unha ferramenta. O cubo debería estar retirado do medio, a ferramenta gardada na caixa de ferramentas e os cables deberían de estar menos esparcidos.


Escaleira fixa: A muller podería tropezar e caer por ela. A escaleira tería que ter unha varanda.


O extintor debería de estar correctamente señalizado. Real decreto 485/1997, 14 de abril sobre disposiciones mínimas en materia de señalización de seguridade e saúde no traballo.



Escada: Hai que ter coidado ó transportala, pois como se ve estalle dando un golpe a un compañeiro. Se é moi longa ten que transportala entre dúas persoas. Se a leva un só suxeitala ten que collela atrás de todo e a parte de diante levarase hacia abaixo.



Ferrramentas: As ferramentas non se poden deixar por ahí soltas.



Máquinas con motor: Como o soplete que está manexando o traballador de camisa amarela, ten que ter coidado e non fumar.



Axentes químicos: O traballador que usa a baldeta e recibe un golpe coa escada, debería porse os guantes.



Os traballadores que están subidos na parte de arriba deberían de levar un arnés e casco.



O traballadores non poden fumar, como o que está manexando o cadro de electricidade, que ten que ter especial coidado.



Os traballadores que levan os paquetes coa carreta, non debería estar subido a ela.

Grupos de factores de risco laboral

Toda actividade humana supón asumir certos riscos. Comprender a importancia que posúe o contar con un adecuado recoñecemento de eles no lugar de traballo é vital para o noso bienestar laboral.

Para o Ministerio de Traballo "Risco é a posibilidade de que un obxecto, sustancia, material ou fenómeno poida desencadenar algunha perturbación na saúde ou integridade física do traballador".

O concepto de Risco refírese entón, o efecto que poden producir aqueles fenómenos e obxectos, sustancias, etc, os que se lles demostrou que posúen a probabilidade de afectar ao traballador, xerando enfermidades ou accidentes de traballo.